A ponte da Ponte do Porto, en Camariñas, cortarase ao tráfico o próximo venres 19

0 minutes read
  • Ata o 21 de febreiro realizaranse obras de mantemento no empedrado da estrutura

O tráfico de vehículos na ponte da Ponte do Porto, no concello de Camariñas, permanecerá cortado desde o 19 de febreiro ás 7:30 horas ata o 21 de febreiro ás 21 horas debido ás obras de mantemento do empedrado central da infraestrutura que realizará a Deputación da Coruña.

A Policía Local será a encargada de marcar os desvíos e de regular o tráfico pero o tránsito para os peóns estará aberto e manterase sen alteracións.