Finaliza unha das pontes con máis tráfico do ano, que, amais, foi especialmente tráxica nas estradas galegas. Desde o comezo da operación o xoves ás tres da tarde, ata a media noite deste domingo, tres persoas faleceron e once resultaron feridas en Galicia. O sinistro máis grave foi o rexistrado no concello lucense de Monforte de Lemos, con dous motoristas falecidos tras chocar a súa moto cun turismo na estrada que vai a Castro Caldelas. As vítimas, un home de 39 anos e unha moza de 20. A outra vítima, unha muller de 72 anos, resultou dun choque frontal en Bértoa – Carballo.
A ponte de agosto deixa tres mortos e once feridos nas estradas galegas
Garda Civil. Arquivo.