A ponte de Ponteceso ilumínase de cor verde para celebrar o Día da Árbore

Ponteceso quere ser un concello máis verde e máis comprometido cos recursos naturais, polo que a Concellaría de Medio Ambiente está a celebrar o Día da Árbore con distintas iniciativas. Entre elas destaca a iluminación da ponte de Ponteceso, que ademais da cor morada que lembra a loita diaria pola igualdade entre mulleres e homes, ten tamén varios arcos iluminados de cor verde.

A este xesto simbólico súmanse novas plantacións de árbores, arbustos e flores, dentro dun proxecto que nestes últimos anos, e malia os roubos e os actos vandálicos, permitiu incrementar en máis de 250 os exemplares arbóreos en todo o concello.

A Concellaría de Medio Ambiente continúa coas plantacións de árbores, arbustos e flores en distintos puntos locais. Este xoves realizáronse varias plantacións. En Corme encargáronse de facela o concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Pose Verdes, e a concelleira de Turismo e Medios Produtivos, Susana Toja.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha