A Ponte de Vidán será rehabilitada

Trátase dunha ponte estreita sobre o río Sar, moi preto da desembocadura do Sarela, construída en pedra e formigón armado. Os traballos para a súa rehabilitación incluirán a substitución dos muros dos estribos sobre os que se apoia a actual plataforma, que tamén se cambiará. Só se conservarán os elementos de carácter histórico da pila, da bóveda e dunha parte dos límpanos. Reconstruirase a tallamar, reproducindo as súas antigas dimensións grazas aos restos que se conservan. Ademais, a tubaxe para o abastecemento de auga nesa zona desmontarase e substituirase provisionalmente para, ao remate das obras, restituír o servizo por outra que irá oculta na nova plataforma, ao longo das beirarrúas que se executarán. Será con cargo a Deputación da Coruña, que destinará a través do Plan Único, un total de 733 mil euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha