Abel Caballero deu conta este luns do corte de tráfico “total” para todo tipo de vehículos na Porta do Sol durante o tempo de duración da obra, o que cualificou como “día histórico” porque se acaba o tráfico en superficie na que será unha gran praza.
Para o desenvolvemento da obra, foi preciso adaptar 17 liñas de autobús que se desvían por percorridos alternativos. O Concello editou un tríptico informativo cun mapa explicativo no que figuran novas paradas e traxectos das liñas afectadas.
Co fin de favorecer a aplicación destes cambios, durante as primeiras semanas funcionará un dispositivo continuo con inspectores a pé de rúa para comprobar o funcionamento das liñas e para ofrecer información aos usuarios desta reorganización. Vanse repartir máis de 10.000 folletos e os cambios figurarán na web de Vitrasa, nos autobuses e nas principais marquesiñas.
A peonalización da Porta do Sol ten un orzamento de 17 millóns de euros, cofinanciados con Fondos Feder da UE dentro do proxecto proyecto Edusi-Vigo Vertical.