A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou no Parlamento de Galicia que a vindeira semana entrarán en servizo ao 100 % as obras de modernización que a Xunta de Galicia está a acometer na potabilizadora de Pontedeume e que permitirán garantir a calidade da auga nas próximas décadas.
Este mesmo xoves quedará finalizada a instalación, na estación de tratamento de auga potable municipal, da cámara de mestura, previa ao actual tratamento, que está a executar Augas de Galicia para optimizar os equipos da planta municipal.
Coa declaración de emerxencia sobre o río Eume e o abastecemento de Pontedeume realizada o pasado día 13 de outubro pola Xunta cun investimento de 1,5 millóns de euros, se están a ultimar as obras para asegurar o abastecemento ao concello de Pontedeume e a calidade da auga no río.