A praia de A Ermida, en Corme, comeza a semana máis limpa

Limpeza na praia de A Ermida_Concello de Ponteceso

  • Veciños da zona, xunto coa entidade LimpOcean, realizaron unha recollida de lixo esta fin de semana

Durante a mañá deste sábado a entidade LimpOcean, en colaboración co Concello de Ponteceso, achegouse ata a praia de A Ermida (Corme) para realizar unha recollida de lixo. Botellas de plástico, redes, vasos ou caixas foron os principais residuos que recolectaron os participantes, elementos que chegan á terra coas mareas pero tamén pola falta de cultura medioambiental entre a poboación. Unha vez recollidos os plásticos, estes foron clasificados e integrados na rede de reciclaxe do Concello.

Desde o goberno local agradecen a implicación dos que colaboraron nesta actividade e tamén dos veciños de Corme, que lograron aportar «un gran de area para o coidado do noso entorno e en especial dos nosos mares e costas».