A praia de Area Maior de Malpica simulará este sábado o rescate de mamíferos mariños

1 minutes read

O Concello de Malpica colabora coa Deputación da Coruña e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) na organización dun simulacro de rescate de tartarugas e mamíferos mariños.

A actividade terá lugar este sábado 19 de novembro ás 11:00 horas na praia de Area Maior, en Malpica. Todas as persoas interesadas en participar no simulacro poden inscribirse enviando un correo electrónico a cemmasolicitud@gmail.com.

Con este tipo de eventos preténdese que as persoas teñan os recursos e coñecementos suficientes para saber como actuar en caso de que algún animal mariño corra perigo ou chegue ás praias da zona desorientado.