0
O servizo estará operativo a diario por un período de tres meses, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, en horario de 12:00 a 20:00 horas. En concreto serán sete socorristas máis o coordinador xeral o persoal que se encargará desas funcións para aumentar a seguridade dos bañistas, informar sobre calquera cuestión que afecte á praia e controlar o uso axeitado do areal de acordo ás normativas vixentes e aos condicionantes establecidos pola Bandeira Azul. O servizo será prestado por Top Rescue S.L. en virtude do contrato adxudicado en 2022 e que contemplaba unha prórroga para o exercicio actual. O Concello asume con fondos municipais os 68.000 euros de coste anual deste servizo.