A praia de Laxe contará este verán con seis socorristas e Bandeira Azul

A praia de Laxe xa conta, de forma oficial, co distintivo de Bandeira Azul tras o izado da mesma na mañá deste sábado 1 de xullo.

O alcalde de Laxe, José Luis Pérez Añón, acudiu ao lugar xunto con cinco dos seis socorristas que atenderán o areal durante os meses de verán. En concreto, o equipo de salvamento e socorrismo prestará o seu servizo de luns a domingo en horario ininterrompido de 12:00 a 20:00 horas.

Pola súa banda, a piscina municipal tamén contará con dúas socorristas. A instalación permanecerá pechada os luns, abrindo ao público de martes a venres de 15:00 a 20:00 horas e, durante a fin de semana, de 12:00 a 20:00 horas.

Desde o Concello destacan que “contar cun equipo de salvamento e socorrismo nunha praia como a de Laxe, de tanta afluencia, e tamén na piscina municipal é algo indispensable para poder seguir mellorando a seguridade tanto da veciñanza como dos turistas durante o verán”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha