Trátase do Cabreiroá Júnior Pro Razo-Caión, un evento da World Surf League (WSL) que supón o campionato máis importante para os mozos e mozas surfeiros europeos por dúas razóns: é a única parada en España e pecha o circuíto en Europa onde se coroan os campións júnior en categoría masculina e feminina, e a última oportunidade de clasificarse para as series mundiais.
A competición da WSL celébrase por primeira vez na Costa da Morte, que aspira a converterse en Reserva Mundial de Surf da man da ONG Save The Waves Coalition, co impulso da Deputación da Coruña e da Axencia de Turismo de Galicia.
Na presentación oficial participaron, entre outros, Gonzalo Trenor, delegado da Xunta, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, que exerceu de anfitrión; “Xa veredes as ondas que temos en Razo’”, chanceou o rexedor, xunto ao seu concelleiro e vicepresidente da Deputación coruñesa, Xosé Regueira, e Koke Araujo, da Federación Galega de Surf.