A Praza do Concello da Laracha acolle a exposición “50 anos sen troles”


Desde este xoves e durante 15 días a Praza do Concello da Laracha acollerá a exposición itinerante ao aire libre: “50 anos sen troles”, coincidindo co quincuaxéximo aniversario da desaparición do que foi o principal medio de comunicación durante moitos anos.

A exposición é unha iniciativa da A.C. Lumieira e o Concello de Carballo.

A mostra inclúe dez expositores con información escrita, fotografías e material recompilado polo profesor e historiador Xan Fraga Rodríguez, autor de varios libros sobre o Trolebús e o tranvía.