A Praza do Concello da Laracha perderá dúas palmeiras afectadas polo picudo vermello

O Goberno local ten previsto acometer a próxima semana, se as condicións climatolóxicas o permiten, o corte de dúas palmeiras situadas na Praza do Concello e que están afectadas pola praga do picudo vermello.

Despois de que os servizos de conservación e mantemento de zonas verdes fixesen as revisións oportunas das árbores para comprobar que son irrecuperables ao presentar defectos en diferentes puntos, en especial no interior do tronco, tomouse a decisión de eliminalas á maior brevidade por motivos de seguridade.

Un dos exemplares que será cortado sitúase na zona adoquinada da praza, preto do obelisco, e o outro, no xardín do lateral da Casa Consistorial. A carón deles existen outras dúas palmeiras que tamén están en situación de risco e serán obxecto de tratamentos conservadores por parte do Concello para intentar salvar estas icónicas árbores.

Os entornos das palmeiras que serán eliminadas permanecen acordoados para advertir á cidadanía do risco de caída de polas neses espazos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha