A Praza do Concello de Carballo acolleu este domingo a quinta edición de Bercamel

1 minutes read

Promover a mel de proximidade poñendo en valor o mundo da apicultura é unha das prioridades de Bercamel, unha feira organizada por la Asociaciación Galega de Apicultura (AGA), en colaboración co Concello de Carballo. Unha feira da mel de Galicia que este domingo se deu cita na Praza do Concello. Tan só unha tímida choiva empañou por un momento unha ampla asistencia de publico a este evento no que tamén fixo acto de presenza o alcalde, Daniel Pérez, e tamén o exalcalde da vila Evencio Ferrero. Houbo catas, charlas, intercambio de opinións e varios stands ofrecendo o produto de toda Galicia a un prezo de 13 euros o quilo.