A Praza dos Libros carga Carballo de variedade de actividades

1 minutes read
  • A autora luguesa María Raimóndez foi a encargada de ler o pregón nunha carpa ateigada de público

Este xoves ás 12:30 horas arrancou unha nova edición da Praza dos Libros no xardín municipal de Carballo, estará cargada de literatura, música, obradoiros, gastronomía e, sobre todo, de grandes nomes das letras galegas actuais e tamén coa presenza dos libreiros locais. Na inauguración estiveron presentes o alcalde Evencio Ferrero, o concelleiro de Cultura Marcos Trigo, a concelleira de Planificación, Estratexia Urbana e Contratación, Milagros Lantes, o concelleiro de Mobilidade, Seguridade, Feiras e Mercados, Juan Seoane e a concelleira de Facenda, Patrimonio, Persoal e Réxime Interior, Belén Lendoiro. A autora luguesa María Reimóndez foi a encargada de dar o disparo de saída destes catro intensos días da Praza dos Libros coa lectura do pregón. O horario de apertura dos postos é de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas.

Parte do pregón da Praza dos Libros