A Praza dos Libros de Carballo segue medrando

1 minutes read
  • Este ano vendéronse máis de 1.400 exemplares, o 65% en galego

A Praza dos Libros non deixou de medrar, as librarías participantes facturaron un total de 18.600 euros, correspondentes á venda de máis de 1.400 libros.

A literatura galega acapara o 65% da demanda, e os que máis tirón teñen son os títulos que se presentan na feira. Nesta edición o libro para adultos máis vendido foi Nas cortinas do tempo, de Xosé Antonio Andrade, e os tres seguintes tamén levan a sinatura de autores que estiveron presentes na Praza dos Libros: Un peixe no parqué, de Moncho Vilar; Contra todo isto, de Manuel Rivas, e Infamia, de Ledicia Costas. En literatura infantil arrasou O vello dos chupetes, de Fernando Calvo.

Por outra banda, entre o 35% dos libros vendidos en castelán atopamos El mal sin cura de la Costa da Morte, do carballés Manuel Rey.

A valoración das librarías nas enquisas que cubriron ao remate da Feira da creatividade cultural é moi positiva.