Do 1 ao 15 de agosto, mercar un libro nos establecementos que participaban na Praza dos Libros ten desconto e tamén premio
A Concellaría de Cultura segue apostando pola promoción da lectura e das librarías que, neste caso, están a padecer os efectos colaterais da Covid-19; e por iso puxo en marcha a campaña «Asómbrate coa lectura» en colaboración coas cinco librarías municipais de Carballo que participaron estes anos na Praza dos Libros.
Do 1 ao 15 de agosto, calquera que se achege ás librarías Brañas Verdes, Ler, Punto e Coma, Teldy e Trasgo conseguirá un 5% de desconto en todos os libros (agás os de texto). Ademáis, por cada 15 euros de compra recibirás unha tarxeta-rasca coa que conseguir outros vales desconto de 15 euros para seguir mercando libros no mesmo establecemento.
Cartel «Asómbrate coa lectura»_Concello de Carballo