- O grupo de Macarena Olona ocupou os asentos de Cidadáns e tentou cambiar a orde do día para debater sobre a crise de Cataluña
Este martes, o inicio do debate da Deputación Permanente no Congreso acabou coa expulsión da secretaria xeral de Vox, Macarena Olona, despois de que o seu grupo sentase nos asentos que lle correspondían a membros de Cidadáns e de que ademais, quixese cambiar a orde do día falando da crise que está a afectar a Cataluña.
A presidenta do Congreso, Meritxell Batet, convidou o grupo de VOX a que ocupase os seus escanos e non os de Cidadáns, pero os deputados do partido de Santiago Abascal denegaron a oferta.
Tras reiterados rogos para que cambiasen de asento, foron os deputados de Cidadáns, sentados fronte á Mesa da Presidencia, os que se levantaron para ceder os seus asentos aos membros do Goberno.
A crise de Cataluña tamén ocupou protagonismo de forma gratuíta. A secretaria xeral de Vox mostrou carteis con fotografías dos disturbios que se produciron en Cataluña, pedindo que se abordase a Lei de Seguridade Cidadá, algo que non estaba na orde do día. De novo, e ante o caso omiso ás reiteradas chamadas á orde, Batet expulsou a Macarena Olona sinalando que «Isto non é un circo, é o Congreso dos Deputados”.
Xa na rúa, Olona manifestou que «se está silenciando o problema máis grande do país» e continuou coa súa protesta na súa conta de Twitter.
Os seus compañeiros de partido mostráronlle o seu apoio. Con todo, desde o Partido Popular calificaron o suceso de «espectáculo pueril e lamentable».
Desde o PSOE e Unidas Podemos tamén mostraron o seu malestar e rexeitamento ante a situación provocada por Macarena Olona.
A presidenta do Congreso tamén tivo que quitarlle a palabra a Mertxe Aizpurua, de EH Bildu, quen falou no seu discurso sobre Cataluña ante as advertencias de Batet.