A presión sindical compromete a Endesa a manter os empregos

0 minutes read
  • Os traballadores abandonan a protesta nas oficinas da empresa na Coruña.

Endesa trasladou o seu compromiso de manter o emprego nas empresas auxiliares da central térmica das Pontes (A Coruña) ata finais de ano, segundo informaron os representantes sindicais que, xunto a traballadores, ocuparon as oficinas centrais da empresa na cidade da Coruña este luns. Sobre a decisión de abandonar a protesta, Alberte Amado, de CIG Industria de Ferrol, explicou, en declaracións aos medios de comunicación, que se lles trasladou «que a intención de Endesa é garantir o mesmo nivel de traballo que había ata o de agora».