33
Abel Caballero anunciou en rolda de prensa as cifras “extraordinarias” que o sábado chegan ata o 100% nalgúns hoteis do centro da cidade. Valorou o que está a acontecer como “un fenómeno global en toda España pola relevancia que ten nos medios de comunicación o Nadal en Vigo”. Caballero invitou a “todo o mundo” a vir a Vigo e asegura que haberá espazo para todos: “Vai ser excepcional”, declarou. O rexedor está a establecer contactos coa compañía ferroviaria Renfe para reforzar o número de prazas nos traxectos do eixo atlántico, Madrid e Barcelona xa que “nalgúns momentos o número de pasaxeiros é moi elevado” polo que asegurou que están dialogando para aumentar estas frecuencias.
