A previsión de mal tempo apraza o acendido da iluminacion de Nadal prevista para este venres na Laracha

  • O Concello tomou a decisión ante a previsión de intensas chuvias para este venres anunciada por MeteoGalicia.

O acto de acendido da iluminación do Nadal, programado inicialmente para este venres, aprázase ao venres da semana que vén, día 12 de decembro, no mesmo horario (18:30 h).

O Concello tomou esta decisión ante o anuncio de MeteoGalicia, que prevé intensas chuvias tanto para a xornada deste venres como para toda fin de semana.

Desde o Concello agárdase que o venres seguinte a climatoloxía sexa máis favorable para poder desfrutar en mellores condicións dun evento que, polas súas especiais características, ten que celebrarse necesariamente ao aire libre.

Related posts

Un incendio nun terceiro piso obriga a desaloxar un edificio de catro plantas no centro de Carballo

A USC escolle por segundo ano consecutivo a Brandomil como referente dun xacemento romano

O Concello de Malpica adxudica as obras de mellora viaria en Leduzo e Pozacas