A primeira análise di que a auga de Corme é potable. O Concello recomenda aínda non bebela

As mostras tomáronse este luns no depósito do Alto da Serra, o depósito de Corme, a Fonte do Osmo e o Centro de Saúde de Corme Porto, co obxectivo de analizar a posible contaminación microbiológica. De forma paralela, Sanidade e o Concello de Ponteceso activaron a recomendación de non consumir auga da traída ata aclarar estas circunstancias.

O informe remitido a Alcaldía ás 19,45 horas deste martes explica que «a totalidade dos parámetros analizados e, en particular, aqueles de carácter microbiológico» cumpren «coa normativa», o que «acredita a potabilidade da auga» da rede de abastecemento.

O Concello de Ponteceso mantén a recomendación de non consumir polo momento auga da billa, á espera de recibir unha nova análise sobre a presenza de norovirus e tras o primeiro informe da empresa subministradora, que indica que os parámetros analizados son normais. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha