A Lei de rehabilitación de Galicia entrará en vigor o 22 de maio

Un dos obxectivos desta primeira lei na Comunidade é a axilización de trámites para a recuperación de centros históricos e núcleos rurais e potenciar a rehabilitación aproveitando o patrimonio construído e respectando o carácter histórico.

Búscase conseguir unha Galicia máis atractiva para vivir, traballar e visitar, facilitando a recuperación do construído, fomentando a cultura da rehabilitación e impulsando a dinamización económica, social e demográfica, xa que non hai maior desprotección para unha edificación que o seu abandono.

Entre as novidades destaca que é a primeira vez que se establece un réxime sancionador para loitar contra as pintadas en edificacións históricas e tamén se amplían os supostos para a concesión de licenzas directas por parte dos concellos, para fomentar a rehabilitación e simplificar os procesos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha