39
A primeira ministra de Finlandia volve protagonizar unha nova polémica no país. Só un día despois de que o test de drogas negativo zanxase a polémica sobre o vídeo en que aparecía de festa, agora Sanna Marins pide desculpas por unha fotografía durante outra festa. A imaxe foi tomada na súa residencia oficial e nela aparecen dúas influencers coñecidas no país bicándose en topless, e cun cartel enriba do peito no que se lee a palabra Finlandia. A propia ministra cualificou a foto de desaxeitada.