A primeira «Píldora Solidaria» de adestramento mental reuniu a 1.780 inscritos de 18 países

1 minutes read

Todos os días ás 18,00 horas as pílulas solidarias de 10 minutos de duración serán retransmitidas a través do servizo de vídeo conferencia Zoom e emitidas polas canles de facebook e instagram.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou que queda claro que “Galicia quere adestrar, que o deporte galego non se vai quedar de brazos cruzados e prepararase do mellor xeito posible neste período de confinamento para regresar á competición nas mellores condicións, respectando sempre as medidas de seguridade para evitar o contaxio do coronavirus”.

Esta primeira pílula contou con 851 deportistas, 415 adestradores, 246 psicólogos deportivos, 87 pais e nais, 60 profesionais do deporte, 39 estudantes, 35 directivos e 47 persoas dedicadas a outras profesións. Dos 851 deportistas, 402 foron de alto nivel, sendo 174 DGAN, 65 doutras comunidades, 20 DAN, 35 do CSD e 108 doutros países.