37
As vacinas nas que traballa o CSIC presentan varias vantaxes. Unha non precisa frío, outra prevese máis barata e unha delas dá un paso máis que as actuais: evita que o vacinado se contaxie. «Polo tanto evitaría que as persoas vacinadas contaxiasen outras persoas, que fosen asintomáticas transmisoras, que non é o caso con ningunha das vacinas actuais», explica a viróloga do CSIC Margarita del Val. Esta vacina non estará lista antes de 2022, pero a finais deste ano é probable que si o estea a que vai máis avanzada, baseada na fórmula da da varíola. Van amodo pero terán mercado porque todo indica que este coronavirus veu para quedar.