A primitiva deixa un premio de 1,7 millóns na Coruña

O sorteo da lotaría primitiva deixou na cidade herculina un premio dun millón 700 mil euros. A persoa que selou o boleto gañador foi o único acertante da primeira categoría, con seis acertos. Ao non haber acertantes de categoría especial, o dono deste boleto, selado na administración Torre de Ouro, cobrará un millón 731 mil euros.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha