A Primitiva deixa un premio en Muros de 1,4 millóns de euros


Un novo premio millonario caeu en Galicia o sábado na Barbanza. Un boleto da lotaría primitiva selado no café bar O Tavilo na localidade muradá de Esteiro, na rúa Ribeira de Maio, resultou agraciado con nada menos que 1.4 millóns de euros. Trátase dunha aposta que contén seis acertos, nunha xornada, a deste sábado, en que non houbo acertantes do premio especial polo que o afortunado ou afortunados cobran este importante premio.