A prioridade do BNG nos fondos europeos para a automoción será garantir o emprego

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, comezou en Vigo o seu traballo como relatora dun informe do Parlamento Europeo sobre o impacto dos fondos de transición xusta no sector da automoción por ser esta cidade e esta comarca “o polo do sector no noso país, non só da produción senón tamén dos compoñentes auxiliares”.

Ana Miranda destacou a importancia do encontro mantido co portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, a deputada nacionalista, Carmela González, e representantes da CIG Automoción, posto que o prazo de presentación de emendas ao informe remata o vindeiro 4 de xullo. Neste sentido fixo referencia á presentación do informe coas “Propostas da CIG para o sector da automoción”, explicadas no encontro pola responsable da automoción de CIG en Galiza, María Xosé García, e na que se fai fincapé na necesidade de manter os postos de traballo e frear a precarización.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha