A prisión 18 dos detidos na operación relacionada co laboratorio de coca de Cerdedo-Cotobade

1 minutes read

O xuíz da Audiencia Nacional José Luis Calama enviou a prisión por tráfico de drogas e organización criminal as 18 persoas detidas no trascurso dunha operación que levou a desarticular en Cerdedo-Cotobade un dos máis grandes laboratorios de cocaína achados ata o de agora en Europa. Os arrestados, segundo fontes da investigación, formarían parte dunha organización controlada por narcotraficantes de México e Colombia. A rede presuntamente dirixía o laborario instalado nun alpendre anexo a unha casa da parroquia de San Xurxo de Sacos e dedicado ao procesado de cocaína a gran escala. Doce detención producíronse na provincia de Pontevedra, segundo confirmou o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. 

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?