A prisión o presunto autor de actos delituosos no estanco de Paiosaco e nun bar da Laracha

1 minutes read

O equipo de Policía Xudicial do Posto Principal de Carballo e o Posto da Garda Civil da Laracha e Policía Local desta localidade detiveron a un home veciño de Carballo como suposto autor de dous delitos de roubo un deles en grao de tentativa, un delito de furto de uso de vehículo de motor e un delito contra a seguridade viaria.
Os feitos ocorreron a raíz das denuncias interpostas en dependencias oficiais do Posto da Garda Civil na Laracha, cando os propietarios dun estanco da localidade denunciaron o intento de roubo no seu establecemento e os propietarios dun bar denuncian o roubo con forza nas cousas consumado no seu local de hostalería.
A Garda Civil iniciou unha investigación ao obxecto de lograr a identificación plena do autor dos ilícitos. Como froito das xestións levadas a cabo nos lugares dos feitos, a información achegada polas vítimas e da análise dos datos obtidos, os efectivos actuantes lograron a identificación, localización e posterior detención, do presunto autor, resultando ser un veciño de Carballo que furtara un vehículo de motor para cometer os ilícitos e que carecía de permiso de conducir por sentenza xudicial. O detido que contaba con numerosos antecedentes policiais por delitos contra o patrimonio, xunto coas actuacións realizadas, foi posto ao dispor do Xulgado de Guardia de Carballo, decretando o seu ingreso en prisión.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?