A prisión nove membros da banda que fabricaba tabaco ilegal en Ourense

1 minutes read

O xulgado de garda en Ourense enviou a pirisón a nove dos 25 detidos nunha operación contra o contrabando de tabaco. Considera que son os líderes da organización criminal.  Estas nove persoas, conforme as investigacións da Garda Civil, son as que realizaban traballos de seguridade e o condutor da carga, mentres que o resto de detidos eran traballadores da rede. Impútanlle delitos de contrabando, pertenza a organización criminal e delitos contra a saúde pública e a propiedade intelectual. A operación realizada polo GRECO da Policía nacional en Galicia, a Policía Xudicial da Garda Civíl de Ourense e a unidade de vixilancia Aduaneira de Ourense, permitiu desmantelar a organización e incautar 150 toneladas entre folla e picadura de tabaco e 250.000 cigarros de Marlboro falsos, cun valor estimado de 21 millóns de euros.