A prisión o presunto líder dunha organización turca detido en Cee

1 minutes read

O Xuíz decretou o ingreso en prisión dun presunto delicuente detido o pasado día 30 de setembro en Cee pola Policía Nacional. Trátase, aseguran, do líder dunha organización criminal dedicada ao tráfico de drogas desarticulada en Turquía. A investigación comezou debido a que, no marco de colaboración policial internacional, a Oficina Nacional da Interpol – Istambul emitiu unha orde internacional de detención deste home. Tras detectar de que podería atoparse na provincia da Coruña e, logo de varios meses de investigación para lograr determinar o seu paradoiro, foi localizado na localidade de Cee. Deste xeito montouse un operativo levado a cabo coa colaboración do Grupo de Operacións Especiais (GOES) da Xefatura Superior de Policía de Galicia. A investigación foi realizada polo Grupo de Delincuencia Organizada e Violenta (UDEV), da Brigada Provincial de Policía Xudicial da Coruña. Segundo indican desde a Policía Nacional, tras a desarticulación do grupo criminal en Turquía no ano 2006, producíronse ataques armados entre distintas organizacións. Nese momento incautáronse de diversas armas, entre elas unha tipo “kalashnikov”, unha granada de man, armas automáticas e diferentes substancias estupefacientes.