A prisión sen fianza o presunto fratricida de Salceda

O home pasou este luns a disposición do Xulgado do Porriño, o xulgado ditou prisión provisional comunicada e sen fianza pola comisión dun suposto delito de homicidio ou, alternativamente, dun suposto delito de asasinato, para o home que presuntamente matou o seu irmán cunha aixada en Salceda de Caselas, segundo informan fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Poucos minutos despois das dez da mañá, o detido chegaba aos xulgados do Porriño nun coche policial camuflado. Estivo acompañado por dous axentes de paisano e procedía dos calabozos do cuartel da Garda Civil de Baiona, onde permaneceu arrestado desde a noite do venres pasado, cando aconteceu o crime.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha