A xuíz decretou prisión provisional sen fianza por un presunto delito de homicidio para David M.E., o mozo de 27 anos investigado polo homicidio dun home na festa de Noitevella nun local de Oleiros. Recoñece que houbo un altercado pero nega que lle lanzara obxecto ningún á vítima. O seu avogado sostén que non foi unha morte intencionada senón fortuíta. A xuíza deixou libre con medidas cautelares a H.M.R. o outro detido en relación coa liorta. O informe da Garda Civil considera acreditado que a vítima recibiu un golpe cun cinceiro de metal pero que será a autopsia quen determine se faleceu por esta ou outra causa.