33
- O imputado tiña unha pistola de xoguete coa que ameazaba de morte e sometía as menores a cambio de protección mafiosa.
Un mozo de Ourense de 21 anos entrou en prisión por agredir sexualmente polo menos nove nenas. Axentes da Policía Nacional prendérono despois de que unha cativa de 13 anos o denunciara. Coñecido como Manu e residente no barrio do Couto coa súa nai, facíase pasar por xamán e por membro dunha mafia. Así supostamente coaccionou varias menores de idade para ter relacións sexuais con elas. Tamén facía favores a nenos aos que lles cobraba en diñeiro. A Policía continúa coa investigación para descubrir se hai máis casos. A investigación policial desenvolvida contra o reloxo pola gravidade do caso denunciado, podería dar con máis vítimas do agresor. O xuíz ordenou prisión comunicada e sen fianza, tras a petición da Fiscalía.