A produtora galega Vaca Films convoca un casting de figurantes


Ábrese o casting da produtora galega VACA NET TV, filial de VACA FILMS (responsable de “Quien a hierro mata”,”La sombra de la ley”, “El desconocido”, “Celda 211”) na procura de figurantes e figurantas especiais para a súa nova serie de ámbito nacional.

A rodaxe terá lugar entre outubro e marzo en distintos puntos de Galicia. Búscanse mulleres e homes de entre 16 e 65 anos para rodar nas zonas de A Coruña, Ourense ou Lugo.

O casting de A CORUÑA terá lugar este vindeiro Luns, día 7 de Outubro no Hotel Plaza, de 9:00 a 14:00 pola mañá e de 16:00 a 21:00 pola tarde.

As persoas que non poidan asistir a esta convocatoria poderán enviar os seus datos persoais (nome, idade, teléfono e cidade de residencia) acompañados de tres (ou máis) fotos a: figuracionvaca@gmail.com.