A programación cultural do verán cabanés orbitará ao redor do Dolmen de Dombate

Imagen de archivo del Dolmen de Dombate

O Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate converterase novamente no epicentro cultural do verán cabanés grazas a unha diversa programación marcada pola súa ampla oferta de propostas para todos os públicos.

O programa, deseñado polo Concello de Cabana coa colaboración da Deputación da Coruña ofrecerá un diverso abano de actividades que irán desde citas teatralizadas a cargo de Os Quinquilláns, visitas guiadas nocturnas, actuacións musicais obradoiros ata a ruta das estrelas, da man do catedrático en física Jorge Mira.

A programación no recinto arqueolóxico dará comezo o sábado, 2 de xullo. Ademais, a música será a protagonista no Dolmen. Asemade, a programación cultural no recinto arqueolóxico tamén incluirá a masterclass ‘O mundo dos instrumentos tradicionais de arco’, onde se impartirán nocións sobre artefactos musicais desta índole.

O prato forte da programación no Dolmen de Dombate terá lugar na noite do martes 16 de agosto cando se celebrará a ‘Ruta das estrelas’, unha iniciativa que incluirá unha ruta polos montes de Borneiro a partir das 22.00 horas encabezada polo catedrático en física Jorge Mira na que as persoas participantes poderán coñecer de primeira man nocións sobre astronomía mediante a observación dos ceos cabaneses.

Programación completa: