A protesta dos agricultores franceses esténdese a España e Bélxica

En Francia, varias autoestradas seguían bloqueadas este martes pola tarde debido ás protestas dos agricultores que duran varios días. Os tres principais sindicatos agrícolas españois anunciaron que se van a sumar ao movemento de protesta. 

De feito os bloqueos franceses das autoestradas xa están a causar danos a os transportistas españois e portugueses, que non poden circular por Francia. Segundo a patronal do transporte de España, os danos ascenden a máis de 12 millóns de euros ao día.

Os agricultores de Bélxica tamén protestaron este martes. Decenas de tractores bloquearon a estrada de circunvalación de Anveres, provocando atascos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha