A provincia da Coruña conta con sete novas concentracións parcelarias nos últimos anos

Así, estes sete novos procesos conlevan unha superficie total de 7.761 hectáreas, distribuídas en 42.412 parcelas propiedade de algo máis de 5.000 titulares. Concretamente, as parcelarias decretadas desde a entrada en vigor da Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia na provincia da Coruña son as de San Xulián de Poulo (Ordes), de Lamas-Loureda-Sergude-Vigo (Boqueixón), de Baltar-Golán-Grobas (Melide), de Herbón (Padrón), de Freixeiro (Santa Comba), de Castenda (Tordoia) e de Fao-Novefontes (Touro). Precisamente, estas últimas seis foron decretadas este mesmo xoves no Consello da Xunta.  

Estes sete procesos forman parte das 27 concentracións parcelarias decretadas polo Goberno galego desde comezos de 2021. Entre todos, abarcan unha superficie de 22.589 hectáreas e 107.317 parcelas de 15.387 titulares. Estas concentracións teñen como obxectivo a mellora das condicións estruturais, técnicas e económicas das explotacións agrarias en Galicia, xa que reducen o número de fincas por granxa e agrupan a súa superficie nun menor número de parcelas, reducindo así os custos de produción das explotacións. Ademais, fíxase a poboación no medio rural para facer rendible a actividade produtiva e lóitase contra o abandono das terras e avanza na anticipación de incendios forestais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha