A provincia da Coruña contará con sete obradoiros autonómicos de garantía xuvenil


Na comarca da Coruña terán lugar dous, un na propia cidade con dúas especialidades unha de produción fotográfica e outra de dinamización e programación e desenvolvemento de accións culturais e outro en Arteixo de revestimentos con pastas e morteiros na construción. En total formaranse a 32 alumnos.

Na área de Santiago a Xunta apoiará un obradoiro en Santiago de Compostela con dúas especialidades, unha en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web e outro de desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos. A mancomunidade de Ordes tamén contará cunha axuda para programar un taller de fábricas de albanelería e de traballos de carpintería e moble; o concello de Teo centrará o seu obradoiro en programación con linguaxes orientados a obxectos e bases de datos relacionais e finalmente o concello de Rois programará un taller de confección e publicación de páxinas web. En total formaranse a 63 alumnos.

Na comarca do Barbanza, Ribeira porá en marcha un obradoiro de pavimento e albanelería de urbanización. En total formaranse a 16 alumnos.

Cando se abra o proceso de selección para o próximo ano realizarase a través das oficinas de emprego. No caso dos obradoiros xuvenís, os participantes deberán tamén estar inscritos no Sistema de Garantía Xuvenil e as actividades que realicen estarán relacionadas, de ser o caso, coa titulación ou formación previa que posúan. Primaranse a aqueles participantes que non recibiran atención anteriormente no programa de Garantía Xuvenil.