A provincia de Lugo, a primeira en afrontar os cambios na TDT

1 minutes read

O segundo cambio dixital xa está aquí e a súa primeira parada en Galicia é a provincia de Lugo. Para deixar sitio ás novas tecnoloxías 5G toca cambiar as frecuencias das canles de televisión que emitían porriba da canle 49. Nas vivendas unifamiliares só haberá que resintonizar as canles, pero nas comunidades de veciños cómpre adaptar as cabeceiras. Para facilitar o cambio hai de prazo ata finais de xaneiro, cando se producirá en Lugo un novo apagón, e hai axudas para sufragar os gastos da adaptación. Despois, só tocará resintonizar a TDT. En ningún caso haberá que cambiar os televisores ou os descodificadores e non desaparecerá ningunha canle.