Do primeiro premio, o 72897, vendeuse unha serie no Grove e varios décimos no Porriño e en Vigo. Ademais o 38.341, un cuarto premio, deixa máis de 10 millóns en Vigo. Desde a administración agraciada, situada na rúa Urzáiz, afirman que os 54 décimos que venderon están moi repartidos entre veciños da zona e de Teis, Bouzas e clientes habituais da hostalería.
Na Costa da Morte tan só se quedou un quinto premio do número 86986 con seis mil euros ao décimo, vendido na administración de Mirón en Bértoa. E que tamén foi vendido na Coruña e en Noia.