Tras a aprobación inicial dos orzamentos do 2022 o pasado día 10 de marzo, o Pleno municipal coruñés aprobou de xeito definitivo as contas do presente exercicio, aprobación que supón a entrada en vigor esta semana dos maiores orzamentos da historia do Concello, que chegan ata os 310 millóns de euros, 50 millóns de euros máis que no 2020. Incluíndo os entes e empresas municipais, os recursos propios ascenden a 335.226.558 euros. Os fondos municipais medran en máis do 19%, con ascenso en todas e cada unha das áreas. As contas do 2022 reservan importantes cantidades para implementar políticas de vivenda pública (9 millóns de euros) e tamén para a dinamización de locais comerciais baleiros (3 millóns de euros) cos que se creará un banco de alugueiro, e que tamén se destinarán a equipamentos públicos.
33