A próxima semana haberá un cribado masivo en toda Galicia

Imaxe de arquivo de probas Covid-19 en Santa Comba

Localidades de toda Galicia sexan ou non cabeceiras de comarca van acoller dende este luns cribados masivos mediante tests de antíxenos. As probas vanse realizar sen cita previa pero nalgúns casos estarán dirixidas só a persoas que non presenten síntomas ou que teñan padecido a covid nos últimos 180 días. Convén, pois, informarse dos horarios e do tipo de proba e condicionantes que haberá en cada centro. Agárdase unha asistencia masiva, como xa aconteceu nos últimos días. Previsiblemente os tests sexan nasofarínxeos, máis similares ás PCR e polo tanto máis fiables, e permiten emitir a diagnose en só 15 minutos. Os pacientes que dan positivo reciben ao momento as indicacións cos pasos que deben seguir para curarse.