A próxima semana publicarase a orde que regula as normas da nova tempada de pesca fluvial

1 minutes read

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicará a vindeira semana a orde pola que se establecen as normas que rexerán a actividade pesqueira nas augas continentais de Galicia durante este ano. Así llo trasladou a conselleira Ángeles Vázquez a unha representación das entidades de pesca da provincia de Pontevedra, coas que mantivo unha reunión telemática.

Este encontro enmárcase dentro da rolda de contactos que decidiu abrir a Xunta coas principais entidades colaboradoras de pesca da comunidade co fin de abordar varios asuntos do seu interese, como a convocatoria por segundo ano consecutivo da liña de axudas dirixida a este sector, unha nova convocatoria que contará cun orzamento de 80.000 euros que se destinará a financiar tarefas de vixilancia e limpeza nos ríos, ademais de sufragar o desenvolvemento de campañas de divulgación.