A rapazada de Ponteceso xa desfruta dos campamentos de verán do programa ‘Respira’

0 minutes read
  • A programación está en marcha en Ponteceso, Pazos, Corme e A Campara

Este xoves, 1 de xullo, iniciáronse os campamentos de verán no concello de Ponteceso enmarcados dentro do programa municipal ‘Respira‘. As actividades, de balde, están dirixidas a nenos da localidade de entre 3 e 12 anos co obxectivo de facilitarlles aos seus proxenitores a conciliación laboral e familiar.

A programación, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto, está en marcha en Ponteceso, Pazos, Corme e A Campara.