O pleno da Real Academia Galega reelixiu este sábado a Víctor Freixanes como presidente da institución con 17 votos a favor e 3 abstencións. Acompañárano na nova comisión executiva Margarita Ledo Andión como secretaria, Fina Casalderrey na tesouraría, Marilar Aleixandre no posto de arquiveira-bibliotecaria e Henrique Monteagudo na vicesecretaría. O equipo traballará nun proxecto de continuidade centrado no reforzamento do labor científico da RAG e da súa proxección social.