A Federación Galega de Pesca, e os colectivos ecoloxistas Adega e Ríos con Vida dirixíronse a Delegación do Goberno en Galicia para consultar a legalidade desta reapertura que consideran e pode contravir o plan de desconfinamento do Goberno Central. Diso informan a través dun comunicado conxunto no que advirten que coa súa decisión, publicada a través dunha orde o pasado o 5 de maio, a Xunta «podería estar a incorrer nunha ilegalidade» ao «contravir» o plan de desconfinamiento e, ademais, producir «confusión entre a cidadanía», aos que podería inducir a cometer infraccións. Como calquera outro deporte os pescadores están tamén sometidos ás restricións que marca o estado de alarma. Respetando as distancias, poden pescar só dentro do municipio e sen usar ningún medio de transporte. Ademais deben facelo nas franxas horarias que lles corresponden por idade.