A recollida de aceite usado en Carballo segue en aumento

Imagen de un colector de aceite

  • Neste momento hai 28 colectores repartidos entre a zona urbana e as parroquias de Razo, Lema, Noicela, Berdillo, Ardaña, Artes e Sísamo

No primeiro semestre deste ano recolléronse no municipio carballés 7.843 quilos de aceite de cociña usado. A media mensual sitúase, polo tanto, en 1.307 quilos, case douscentos máis que o ano pasado, o que reflicte a boa acollida do servizo de recollida selectiva posta en marcha polo concello en agosto do ano 2018.

Nestes momentos hai 28 puntos de recollida, a maior parte distribuídos polos distintos barrios do casco urbano, pero tamén nas parroquias de Razo, Lema, Noicela, Berdillo, Ardaña, Artes e Sísamo.

Unha das vantaxes deste novo sistema é que os colectores están situados na vía pública, o que permite que poidan ser utilizados os 365 días do ano e as 24 horas do día.

A recollida nos novos colectores vai dirixida aos fogares. As familias deben depositar o aceite de cociña usado en botellas de plástico reutilizadas e pechadas e, para facilitar o depósito, o goberno local ofreceralle á veciñanza funís adaptables ás botellas, que poden solicitarse, de balde e ata fin de existencias, na Casa do Concello (departamento de Medio Ambiente).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha